Sunday 12 de May de 2024

A Pobra incorpora unha nova saída ás Cíes á súa axenda turística


Obradoiros de turismo mariñeiro, viaxes en veleiro pola ría da Arousa, ruta do mexillón, regatas, travesías en catamarán ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas… A Pobra do Caramiñal leva todo o verán mergullada de cheo na programación turística, á cal incorpora agora unha saída ás illas Cíes no 2 de setembro.

Neste senso, a concelleira do Turismo, Estefanía Ramos, explica que se engade esta nova proposta para lles dar máis alternativas de ocio a visitantes e residentes, ademais de segui-la liña estratéxica da Administración local por fomentar accións coa vista posta no mar e que enxalcen a tradición mariñeira da localidade.

Igual ca as outras excursións en catamarán, levarase a cabo coa colaboración da empresa Piratas de Nabia.

Cómpre lembrar tamén que, dentro das que xa estaban previstas, no 5 de agosto partirase en dirección a Sálvora durante a tarde-noite, para a chamada ruta Starlight (a cabida xa está completa), mentres que no día 13 tocará ir á illa de Ons.

As reservas formalizaranse con antelación a través da páxina web www.piratasdenabia.com ou do teléfono de contacto 986320048. Ademais, a empresa encargarase da tramitación das autorizacións pertinentes de entrada ás Illas Atlánticas de optar pola vía telefónica; se non, será a propia persoa usuaria quen o faga pola vía telemática. Tamén se habilitan o 671090262, 687482835 e 981843280 (marcando a extensión 2035) para a resolución de dúbidas.